InicioCulturaA UVigo estrea este curso un programa de doutoramento específico en Nanociencia...

A UVigo estrea este curso un programa de doutoramento específico en Nanociencia e Biomedicina

O novo programa, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Universidade de Vigo estrea este curso un programa de doutoramento específico en Nanociencia e Biomedicina, vinculado ao seu centro de investigación CINBIO. Esta é a principal novidade na oferta de títulos de doutoramento da institución académica viguesa, que conta con 41 programas e máis de medio milleiro de prazas de novo ingreso: 335 no campus de Vigo, 103 no campus de Ourense e 77 no campus de Pontevedra. Toda a información da oferta está dispoñible no apartado de ‘Acceso doutoramento’ da web da Universidade: a preinscrición pode facerse ata o 8 de setembro, e o prazo de matrícula será do 1 ao 7 de outubro.

Os 41 programas de doutoramento están agrupados en diversas áreas de coñecemento: Ciencias, Ciencias da Saúde, Arte e Humanidades, Enxeñaría e Arquitectura, e Xurídico-Social. “Desde a creación en 2013 da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo, EIDO, destacou por ofrecer un modelo de formación flexible, interdisciplinar e de calidade, orientado a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da Universidade”, destacou o director deste centro, Antonio Collazo.

O novo programa de doutoramento en Nanociencia e Biomedicina, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.

Deste xeito, búscase dotar ao alumnado de ferramentas e metodoloxías xerais necesarias para desenvolver os seus traballos de investigación, buscando a integración de dúas áreas de traballo como nanomateriais e biomedicina; ademais de presentar unha visión multidisciplinar e colaborativa entre diferentes liñas e áreas de investigación. Ademais do propio CINBIO, tamén participan neste novo programa de doutoramento outros centros de investigación como o Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Portugal ou o Centro de Investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastián.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...