InicioCulturaAlemaña, Serbia, Asturias e Galicia xuntas no Festival Folclórico Internacional de Coruxo

Alemaña, Serbia, Asturias e Galicia xuntas no Festival Folclórico Internacional de Coruxo

O festival terá lugar o luns 24 de xullo ás 21:30 no campo do Vao.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo luns 24 de xullo, o seu Festival Folclórico Internacional no campo do Vao. O acto comezará ás 21:30 horas mais a apertura de portas das instalacións do Coruxo F.C. será ás 21:00.

E que é este festival? Pois é un acto que se celebra todos os anos en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten un obxectivo principal claro: dar a coñecer as expresións culturais doutros lugares do mundo. Así, pretenden que esta diversidade contribúa a fortalecer a cohesión social por medio das músicas, bailes e traxes típicos dos países que pasaran polo escenario.

O Folclórico Internacional de Coruxo, popularmente coñecido como FIC, é un festival creado fai moito tempo, remóntase ata 1990, ademais, converténdose así nun festival pioneiro en Galicia. Mostra disto son as elevadas cifras de asistencia nas edicións desta última década que contan cunha media de preto de 2.000 espectadores.

Este ano, os que acudan ao festivla poderán presenciar a grupos chegados de países como Alemaña, no caso de Frormern Swabian, ou de Serbia, como Akademsko Drustvo Novi Beograd, ademais lugares como Asturias tamén terán representación, neste caso da man do grupo Folklórico Trebeyu e, finalmente, poderase ver ao grupo anfitrión, o grupo Etnográfico A Buxaina.

Celebrarán tamén un serán o sábado 22 de xullo, a partir das 20:30, no torreiro da capela do Vao no que haberá un obradoiro aberto ao público de baile asturiano a cargo do Grupo Folklórico Trebeyu e a actuación do Cé Orquestra Pantasma.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...