InicioCulturaSaxofón, gaita, violín, piano... o Conservatorio da Guarda cubre as prazas para...

Saxofón, gaita, violín, piano… o Conservatorio da Guarda cubre as prazas para tódolos instrumentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado luns día 17 de setembro tivo lugar o inicio do novo curso no Conservatorio de
Música da Guarda, un ano especial polo aumento de matriculacións, quedando cubertas a
totalidade das prazas ofertadas nos diferentes grupos, coma Percusión, frauta travesera,
clarinete, saxofón, gaita, violín, viola, piano, guitarra clásica e eléctrica, trompeta, trompa,
trombón e tuba.

Entre as novidades deste novo curso destaca a posta en marcha da materia de Percusión,
cubríndose tamén a totalidade das prazas ofertadas, a incorporación dun novo profesor
para linguaxe musical ou a formación dun Coro, que contará coa participación de todos os
alumnos do Conservatorio.

Conservatorio da Guarda/ Concello de A Guarda

Tamén este ano os alumnos do curso de gaita terán a oportunidade de optar a clases en
conxunto, a diferenza de outros anos en que só ofertábanse clases individuais.
José Antonio Soutelo Muñoz, Director do Conservatorio de Música da Guarda, valora o
inicio deste curso coma un dos mellores, non só polo éxito de matriculacións, senón pola
cantidade de novidades e ampliación de servizos, o que pon en valor este espazo cultural
na vila da Guarda e que promoverá ter unha boa «canteira» de rapaces e rapazas cunha
formación musical sólida e variada.

Dende a Concellería de Cultura, Elena Baz destaca o esforzo realizado dende o Concello
para o mantemento do Conservatorio, ampliando a oferta de servizos, engadindo que
«apostar pola música é apostar por un bo futuro para os rapaces e rapazas, inculcando
valores positivos coma o traballo en equipo, a responsabilidade, a disciplina, entre outros».

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...