InicioA importancia da esterelización: Ponteareas comeza a castrar a gatos rueiros

A importancia da esterelización: Ponteareas comeza a castrar a gatos rueiros

Empezou ca intervención nas 17 colonias felinas que hai no municipio. Esta estratexia permite o control e evita a proliferación de felinos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, comezou a esterilización das 17 colonias felinas que hai na vila. Nestas semanas xa hai dúas completamente tratadas e xa se comezou a capturar aos gatos dunha terceira. “Priorizamos as intervencións nos espazos que acumulan máis queixas da veciñanza, sexa por problemas sanitarios, ruídos, alimentación…” explica a edil.

O Concello, en colaboración coa Asociación Biosbardos, está a aplicar a estratexia C.E.S (Capturar-Esterilizar-Soltar). Intentas atrpar a maior cantidade de gatos da colonia para despois esterelizados. Unha vez pasadas 48 horas de recuperación, sóltanse na súa colonia cun marcador que facilitar a súa posterior identificación e control. Este é o método marcado pola OMS para evitar a proliferación dos felinos.

Esta estratexia “facilita a adopción dos felinos, diminúe o gasto público e privado no control de pragas, mantén boas condicións de hixiene nas colonias e reduce a poboación de felinos de maneira sostible e ética”, destaca Covelo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...