InicioMedio Ambiente e PatrimonioPortugal lembra os lumes en Galicia e denuncia a lentitude das axudas...

Portugal lembra os lumes en Galicia e denuncia a lentitude das axudas aos afectados

PUBLICADO O

- Advertisement -

“En outubro de 2017, As Neves foi varrido polas lapas, cinco mil hectáreas, deixando catro familias desaloxadas e destruíndo 46 segundas vivendas e tres empresas. E reduciu todo o verde a negrume e cinza“. Así o recordan nun artigo o diario portugúes Jornal de Noticias.

O Goberno da Galiza foi acusado de fallar na defensa das poboacións. Miles saíron á rúa en Vigo para unha manifestación co lema “Lume nunca máis”. Xa ardía desde dous días antes en Portugal e á mañá do 15 de outubro comezamos a ver o incendio  aproximarse ao Miño”, lembran.

Unha rapaza mira como avanza o lume durante a noite/ Miguel Núñez

As Neves, “zona cero” dos incendios en Galicia. Desde o JN lembraron como ergueuse e venceu aos lumes, por suposto despois de sufrir perdas enormes, grazas a “un exército de voluntarios e doazóns de centenares de particulares e de cerca de 50 empresas españolas e portuguesas. Auga, comida para animais, materiais, aportaron todo o que fora necesario”.

Subliñaron tamén como “a distribución porta a porta de auga engarrafada prolongouse até tres meses tras o “vendaval de lumes”, que destruíu canalizacións e deixou pozos e ríos contaminados”. E, durante a traxedia,”o Concello creou a estrutura, mais se non fose polo grupo de voluntarios nada disto sería posíbel. Foron máis de 100 persoas a traballar”.

Estrada invadida polo fume e o lume perto de Fornelos De Montes
Dos vehículos circulan pola estrada entre Redondela e Fornelos de Montes rodeados polo fume e o lume nos incendios de outubro / Miguel Núñez

Dende o xornal, tamén aproveitaron para denunciar que non chegasen aínda “a axuda á reconstrución das vivendas, propiedades, empresas e estruturas públicas destruídas ou damnificadas”.

E concluíron: “A paisaxe recupérase lentamente. Foron replantadas dúas mil árbores autóctonas. Do lado de Monção, o parque forestal destruído continúa en cinzas. Só unha vivenda, das cinco que ficaron destruídas, foi reconstruída pola propietaria, que avanzou a expensas propias. Falta o apoio do Goberno”.

 

ÚLTIMAS

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...

O Goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional en apoio á Global Sumud Flotilla

O goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional de apoio á Global Sumud Flotilla,...