InicioSociedadeAs Neves, récord en forza do vento con 160 quilómetros por hora

As Neves, récord en forza do vento con 160 quilómetros por hora

A borrasca Elsa deixa tras de sí dúas vítimas mortais. Unha en Santiago de Compostela e outra en Asturias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Mentres as choivas do temporal ‘Elsa’ diminúen en intensidade, os ventos mantivéronse moi fortes ao longo deste xoves en Galicia, onde se alcanzaron refachos por encima dos 160 quilómetros por hora nas Neves ou de máis de 151 en Oia, ambos na provincia de Pontevedra.

Con todo, estes non foron os únicos valores elevados na comunidade. Segundo os datos de Meteogalicia, os refachos máis fortes da provincia da Coruña medíronse en Corrubedo, onde se chegou aos 132 quilómetros por hora, seguidos de preto polos 131 de Lousame ou os 129 de Cedeira.

Do mesmo xeito, en Lugo, os valores alcanzaron os 134,6 quilómetros por hora na estación de Cervantes, na montaña dos Ancares, os 128,2 en Viveiro, na costa, e os 126,7 na Pontenova. Finalmente, na provincia de Ourense case todos os valores altos rexistráronse na montaña, como é o caso dos 130 quilómetros por hora dos refachos na cabeza de Manzaneda, os 127 da Veiga, os 126 do Alto do Rodicio, en Maceda, ou os 121 de San Xoán de Río.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...