InicioSociedadeMáis dun centenar de camións forman unha caravana desde Tui

Máis dun centenar de camións forman unha caravana desde Tui

Isto dificultou a circulación na entrada da cidade de Vigo pola A-55.

PUBLICADO O

O quinto día de paro no sector dos transportes iniciouse cun corte total na A-6 á altura do Corgo, onde a circulación permanece interrompida en ambos os sentidos desde as 11,00 horas deste venres. A xornada botou a andar sen incidencias de consideración á primeira hora da mañá, máis aló dunha caravana de camións que dificultou o acceso á cidade de Vigo pola autovía A-55.

Tampouco se produciron cortes na entrada a Galicia pola A-6, un dos puntos quentes das protestas durante o cuarto día das protestas. A situación cambiou a partir das 11,00 horas cando, segundo confirmaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico consultadas por Europa Press, un piquete de transportistas interrompeu a circulación en ambos os sentidos da A-6 ao seu paso polo municipio do Corgo. Esta zona da Autovía do Noroeste xa foi lugar de cortes durante a xornada do xoves.

CARAVANA EN VIGO

En Vigo, unha carvana dificultou a circulación na entrada da cidade pola A-55. Uns cen camións desfilaron polo carril dereito a partir das 10,00 horas da mañá desde Tui en dirección á Praza de España da urbe olívica.

Fontes da Subdelegación do Goberno apuntan que a mobilización se saldou sen incidentes. Durante a madrugada producíronse piquetes na zona do porto de Vigo, un dos puntos controlados por Policía e Garda, que colaboran no seu operativo despregado para evitar incidencias polos paros.

En Lugo, axentes da Garda Civil escoltan durante a mañá deste venres a transportistas que entran en Galicia desde Asturias pola A-8; mentres que na provincia da Coruña, un piquete picou as rodas a 12 camións que estaban estacionados no municipio de Dumbría.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...