InicioCulturaA Biblioteca de Tui celebra o "Día das escritoras" cun encontro literario

A Biblioteca de Tui celebra o “Día das escritoras” cun encontro literario

María José Areal e Conchi Regueiro ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres.

PUBLICADO O

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o “Día das escritoras”. Farao a través dun encontro coas escritoras Conchi Regueiro e María José Areal, que ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este acto, segundo informa o Concello, terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.

María José Areal é unha escritora de Valença cunha ampla traxectoria, especialmente no ámbito poético, e a súa última obra é “Assim me deito, Assim me levanto”. Tamén exerceu como profesora e coordina do Club de Lectura “Chá con Palavras” de Valença, así
como dos de Caminha e Vilanova de Cerveira. 

Conchi Regueiro, pola súa banda, posúe unha ampla obra literaria, tanto en galego como en castelán. O seu traballo está realizado dende unha perspectiva feminista e a súa primeira publicación, en galego e no ano 2002, foi a novela para adultos ‘Tempos agradables’, para loco continuar unha ampla traxectoria literaria en xénero non realista,
ciencia ficción e fantasía, tamén para o público infantil e xuvenil.

O Día das Escritoras busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 
En concreto esta actividade enmárcase na programación do “Mes da Biblioteca” que organiza a Biblioteca Municipal tudense. Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, é “unha magnifica oportunidade para visionar o papel da muller no ámbito da creación cultural e a achega que realizan á vida colectiva dende a creación literaria”. “Unha
oportunidade”, engade, “para achegarnos a coñecer a súa obra e para animar os novos valores literarios que existen no noso municipio”.

ÚLTIMAS

Caballero critica a “ignorancia” de Lorenzana sobre o PERTE de Stellantis e lembra que o impulsou el, “non a Xunta”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este luns a "ignorancia" da conselleira de Economía e...

O BNG propón “revolucionar” o transporte urbano con mellores frecuencias, horarios e billetes máis baratos

O BNG de Vigo presentou este luns unha campaña "social" que despregará na cidade ao longo dos próximos...

Denuncian vertidos fecais nos mananciais da traída de Mos dende a Cidade Deportiva do Celta

A organización Ecoloxistas en Acción denunciou ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a existencia dun...

Detido en Bouzas un home que escapou da Policía mentres conducía sen carné e tras consumir alcol e cocaína

A Policía Local de Vigo detivo a un home, C.M.A. de 32 anos de idade, que...