InicioSociedadeFolga nos centros de saúde do Baixo Miño ante a "especial gravidade"...

Folga nos centros de saúde do Baixo Miño ante a “especial gravidade” da deterioración na atención primaria

O martes haberá unha manifestación que partirá da Alameda do Rosal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG convocou unha folga para os días 21, 22 e 23 de decembro, martes, mércores e xoves, nos centros de saúde do Rosal, A Guarda e Oia en defensa de “unha asistencia sanitaria digna”. Ademais, o martes unha manifestación arrincará ás 19,30 horas da Alameda do Rosal. Nun comunicado, o sindicato puxo o foco en “a especial gravidade” da “deterioración da atención primaria nestes tres municipios”, con “gran repercusión na poboación da zona”.

Tamén denunciou o establecemento duns servizos mínimos “abusivos” que “non se axustan á realidade actual dos centros” por parte do Sergas, co que este mércores se mantivo unha negociación que “se pechou sen acordo”.

Así as cousas, a central considerou que os servizos mínimos establecidos “demostran que o persoal destes centros ten que asumir de forma habitual e reiterada no tempo un volume de traballo enorme e desproporcionado en canto aos recursos. Ademais, advertiu de que esta situación “recupercute negativamente na poboación da zona”, á que o comité de folga pediu “comprensión e apoio”. Adicionalmente, asegurou que a atención non demorable e urxente estará garantida durante os días de folga.

Por outra banda, a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño apoiou a convocatoria de folga ante “a rápida deterioración da atención primaria nos centros de saúde da comarca”, que “sofren unha importantísima carencia de persoal sanitario”.

Por iso, os alcaldes e alcaldesas dos municipios da mancomunidade, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, convidaron á cidadanía a participar na manifestación do próximo martes e convocaron catro concentracións conxuntas para os meses de xaneiro e febreiro.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...