InicioO persoal de IKF na Guarda volve á folga indefinida ante a...

O persoal de IKF na Guarda volve á folga indefinida ante a falta de acordo coa empresa

Denuncian as intencións "precarizadoras" da transnacional e a "deixadez" da Xunta á hora de mediar no conflito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cadro de persoal de IKF, compañía dedicada á fabricación de materiais refractarios con sede na Guarda, iniciou hoxe unha folga indefinida despois de que a dirección confirmase que non renuncia a prolongar a dobre escala salarial e que actualizará os soldos en base ao convenio estatal, unha circunstancia que, segundo apunta a CIG, vulneraría o pacto de empresa.

A sección da Confederación dedicada á construción denuncia así a “deixadez de función” tanto da Xunta como da autoridade laboral tras 35 días de paros na empresa. De acordo coa versión do sindicato, estas “continúan sen obrigar a IKF -que rexeita a mediación- a sentarse para solucionar o conflito laboral”.

Segundo as mesmas fontes, a decisión de comezar a folga indefinida adoptouse o pasado luns despois de que o director de recursos humanos no Estado español da transnacional francesa propietaria de IKF lles trasladase en asemblea aos traballadores que non dan marcha atrás nas súas pretensións de “precarizar” as condicións laborais. En consecuencia, ás 6:00 de hoxe iniciábase un paro indefinido que foi secundado -como en xornadas anteriores- por 53 dos 55 empregados/as de produción. A CIG fai fincapé que entre as dúas persoas que non se suman á folga se atopa o delegado de CCOO no comité de empresa.

Dende a CIG-Construción critican que a empresa estea a rexeitar a mediación para poñer fin ao conflito, ao tempo que denuncian que nin a Xunta nin a autoridade laboral exerzan as súas competencias e a obriguen a sentarse. De igual xeito, censuran o comportamento dos medios de comunicación públicos como a TVG, que “oculta a loita dos traballadores/as a pesar do importante peso que a empresa ten na comarca e o xusto das súas reivindicacións”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...