InicioBaixo MiñoA falta de persoal provoca unha "situación extrema" nos centros de saúde...

A falta de persoal provoca unha “situación extrema” nos centros de saúde do Baixo Miño

A CIG critica a a situación que están a vivir en centros como o do Rosal, que na última xornada contou cunha soa médica.

PUBLICADO O

A CIG-Saúde de Vigo denunciou publicamente a “situación extrema” na que se atopan centros de saúde do Baixo Miño pola falta de persoal. É o caso do centro de saúde do Rosal, que na xornada anterior contou só cunha médica, o que provoca deficiencias na atención. “A situación é grave, xa que ten que asumir a asistencia dun concello de máis de 6.000 persoas que no verán ve aumentada a súa poboación”, apuntan dende o sindicato.

Dende a CIG recalcan que a sobrecarga de traballo é insostible nestes casos, aínda máis tendo en conta que non é unha situación puntual, senón que se repite ao longo do verán. Por iso, dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e estabilizar o emprego.

O Centro de Saúde de Oia ten unha situación semellante ao do Rosal, pois un único facultativo atende, neste caso, a ausencia das dúas médico da localidade.

Isto tamén se traduce nun aumento das asistencias do servizo de ambulancias da zona e do PAC da Guarda, que este ano non conta con reforzos, segundo explican dende a CIG. No caso de que algunha urxencia requira ir acompañada ao hospital, a localidade quedaría sen persoal médico arredor de dúas horas no caso do Rosal. “Hai que lembrar que o PAC dá asistencia a preto de 20.000 persoas dos tres concellos (Oia, O Rosal e A Guarda), poboación que experimenta un aumento significativo no verán”, apunta a CIG.

Por outra banda a CIG-Saúde tamén califica de “preocupante” a situación da Atención Primaria, e apostan por estabilizar o emprego cunha OPE que saque todas as prazas necesarias para ter os centros cubertos co persoal necesario para asegurar unha asistencia digna. Salientan que os profesionais buscan as mellores condicións noutras comunidades autónomas, polo que mellorar as condicións laborais é necesario para “atraer de novo aos profesionais”.

ÚLTIMAS

Os equipos de emerxencias auxilian aos dous ocupantes dun turismo tras saírse da vía na AP-9, a altura da parroquia viguesa de Cabral

Os dous ocupantes dun turismo foron auxiliados polos equipos de emerxencia tras saírse da...

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...