InicioEconomíaAs eurocidades do Miño únense para pedir a reapertura da fronteira canto...

As eurocidades do Miño únense para pedir a reapertura da fronteira canto antes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Minho) e as Eurocidades do Miño acordaron estexoves nun encontro adoptar medidas contundentes de protesta para reclamar a apertura urxente de pasos na fronteira con Portugal.

Todos os dixirixentes amosaron o seu fondo malestar pola restrición e a existencia dun único paso na fronteira -o de Tui-Valença-, o que obriga a moitos traballadores e traballadoras transfronteirizos a dar rodeos de ata 200 quilómetros para acudir aos seus postos, coas perdas económicas e de tempo conseguintes.

Segundo explica o director da agrupación transfronteiriza e deputado provincial Uxío Benítez, a situación estase volvendo “insostible”, xa que o territorio do Miño está ‘afogado’ pola existencia dun único paso na fronteira en Tui-Valença debido ás restricións de mobilidade impostas pola COVID-19, o que imposibilita o mantemento das intensas relacións socioeconómicas entre ambas marxes do río.

Na reunión, ademais de Benítez, estiveron o vicedirector da AECT, Fernando Brito Nogueira, así como alcaldes e alcaldesas dos concellos de Tui (Enrique Cabaleiro), Tomiño (Sandra González) e Salvaterra (Marta Valcárcel), así como o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira (Fernando Nogueira) e os vice-presidentes de Valença (Jose Temporão Monte), e Monçao (João Oliveira).

Os mandatarios consideran que non é de recibo que a situación siga igual a día de hoxe que dende o inicio do estado de alarma, cando era preciso un confinamento estrito e unha restrición clara da mobilidade. Agora, subliñan, a situación tense modificado en xeral para alixeirar a mobilidade en ambos estados e tense demostrado a necesidade de máis pasos entre ambos países polo seu dinamismo económico conxunto.

50% DO TRÁNSITO TOTAL DE TODA A FRONTEIRA

Como argumento desa actividade, na reunión presentáronse os datos do último Observatorio Transfronteirizo España-Portugal (OTEP) publicado polos gobernos español e luso a finais de 2019 sobre a mobilidade na fronteira, que revelan que dos 60 pasos existentes entre España e Portugal, os de Tui-Valença, Tomiño-Vila Nova, e Salvaterra Monçao están entre os seis máis poboados e suman, entre os tres, máis do 50% do tránsito de vehículos total.

Con este plantexamento, tanto o AECT como as Eurocidades, adoptaron o acordo de pasar á acción e plantexar medidas de protesta contundentes e visibles que chamen a atención sobre a situación – ademais de seguir traballando na vía administrativa para conseguir abrir un maior número de pasos e permeabilizar a fronteira-.

As e os dirixentes, subliñaron que a situación agrávase cada vez máis para toda a cidadanía transfronteiriza producíndose colas de ata dúas horas para realizar o paso entre ambos países, á vez que denunciaron que non hai coordinación entre os corpos policiais, así como que os problemas no sector do transporte son continuos.

O AECT iniciou as reclamacións da apertura de pasos formalmente coa sinatura dunha declaración formal o pasado 28 de abril por parte das alcaldesas e alcaldes da raia. O documento foi remitido ao goberno central e ás delegacións, á Xunta, así como a diversas entidades co fin de buscar solucións inmediatas para a grave situación socioeconómica.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...