InicioSucesosA zona da explosión de Tui, convertida en "circuíto turístico"

A zona da explosión de Tui, convertida en “circuíto turístico”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O arquitecto municipal de Tui, Javier Antoñón, criticou este venres que a zona 0 da explosión de Paramos estase convertendo nun “circuíto turístico”.

Así llo trasladou á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e ao delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante unha xuntanza no centro de atención aos afectados pola traxedia con empresarios da construción.

Antoñón explicou que os peritos xudiciais expuxeron facer primeiro un estudo técnico e económico de cada vivenda, por tramos dentro da zona cero. “Entendo que é mellor manter o perímetro acoutado porque se está convertendo nun circuíto turístico e para evitar males maiores”, sinalou durante esa xuntanza. Ademais, apostou por empezar a reconstrución polas vivendas “máis facilmente recuperables”.

En canto aos inmobles con máis danos, nesa xuntanza, na que a Xunta animou aos construtores a reconstruír a zona 0, pediuse a participación de bombeiros para escoltar aos propietarios e que, con total garantía de seguridade, poidan acceder á zona a recuperar as súas zonas.

ÚLTIMAS

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...