InicioSucesosDisputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

Dez persoas están citadas no marco da operación ‘Gallear’

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e Tomiño por insultos e ameazas difundidas nos últimos días a través de distintas redes sociais. Segundo confirmou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, os vídeos teñen a súa orixe nunha disputa “de índole familiar”, o que levou a citar estas dez persoas no marco dunha operación denominada ‘Gallear’.

Losada explicou que os axentes advertiron aos implicados de que existe unha investigación aberta e que “ao menor indicio da comisión dun delito” actuarán, poñendo a disposición xudicial aos responsables. Entre os investigados, destacou que “está a persoa que se presenta como patriarca dun dos clans e tamén o seu fillo”, que nun dos vídeos chegou a mostrar un arma de fogo simulada. Ademais, sinalou que ningunha das partes quixo interpor denuncia.

O subdelegado do Goberno aproveitou para facer unha advertencia e pediu a ambas as partes que “rebaixen a tensión” e contribúan á convivencia pacífica. Insistiu en que “os tempos deste tipo de conflitos pasaron xa e canto antes enténdano, mellor. A sociedade esixe convivencia e respecto polas normas que nos demos entre todos e para todos. A Garda Civil está moi atenta e haberá tolerancia cero se se superan os límites que marca o Código Penal”.

Por último, Losada agradeceu o traballo da Garda Civil nesta intervención que definiu como “de prevención”, pois, segundo destacou, “coa mera apertura da investigación e a toma de declaracións enviou unha clara mensaxe de advertencia e disuasión” ás persoas implicadas.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...