InicioSucesosDetido tras tentar atropelar a súa ex parella na parroquia viguesa de...

Detido tras tentar atropelar a súa ex parella na parroquia viguesa de Zamáns

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido na noite deste pasado xoves despois de tentar atropelar a súa exparella na parroquia viguesa de Zamáns.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos ocorrerían na noite deste xoves nunha aldea de Zamáns, onde un mozo trataría de atropelar á moza.  Con todo, acabou estrelando o seu coche contra a casa da vítima, sen que ninguén resultase ferido.

Por todo iso, o home foi detido pola presunta comisión dun delito de violencia de xénero. Este venres pasará a disposición xudicial nos tribunais de Vigo.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...