InicioEconomíaA Zona Franca saca a concurso sete prazas de emprego público de...

A Zona Franca saca a concurso sete prazas de emprego público de persoal técnico de xestión xeral e asesoría

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Zona Franca de Vigo convocou probas selectivas para sete prazas da súa oferta de emprego público de persoal laboral fixo en ámbitos técnicos de xestión xeral e asesoría xurídica, así como para a súa unidade comercial.

Tal como indicou o delegado do Estado, David Regades, a “intensa” actividade que está a levar a cabo Zona Franca fai necesario reforzar o cadro de persoal “e estas prazas que saen a concurso son perfís técnicos, moi necesarios, e tamén comercial, para atraer novas empresas que contribúan ao desenvolvemento económico e á xeración de emprego”.

Nun comunicado, a entidade explicou que catro postos serán de persoal técnico de xestión xeral, para o que é necesario titulación de diplomatura universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou grao.

“A misión do posto é desenvolver as actividades técnicas dos procesos de traballo do seu ámbito de responsabilidade, co fin de proporcionar un soporte técnico cualificado”, recolleu Zona Franca, que engade que tres das prazas corresponden á convocatoria de 2021 e unha á de 2022.

Pola súa banda, tamén sae a concurso unha praza para a xefatura da unidade comercial, cunha titulación mínima de máster en área económica/empresarial, co obxectivo de promocionar e comercializar os espazos do Consorcio. Outro dos postos ofertados é para unha persoa de asesoría xurídica e o sétimo para a dirección de Recursos Humanos.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...