InicioMedio Ambiente e PatrimonioVixiancia de corvos mariños e crías de gaivota patiamarela, proxectos clave na...

Vixiancia de corvos mariños e crías de gaivota patiamarela, proxectos clave na preservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A Xunta de Galicia destacou este luns, en Vigo, os resultados dos últimos estudos e investigacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia destacou este luns, en Vigo, os resultados dos últimos estudos e investigacións sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para avanzar na súa preservación.

Fíxoo por medio da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunhas xornadas técnicas na que participan como relatores ata este martes, 13 de decembro, profesores das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo de diferentes especialidades relacionadas coa conservación e preservación deste espazo natural.

Durante a inauguración do evento, que este ano está adicado ao biólogo Rafael Romeu Suances, recentemente falecido, Belén do Campo incidiu na importancia que ten a investigación á hora de planificar e levar a cabo actuacións no parque, xa que pon de relevo tanto a singularidade da contorna que o conforma como as problemáticas ás que hai que buscar solucións.

Nesa mesma liña, Do Campo resaltou os traballos realizados neste 2022 para censar as poboacións de aves mariñas no parque, en especial, aqueles relacionados co seguimento que se está a facer do corvo mariño a través da xeolocalización de sete exemplares desta especie.

A maiores, a directora xeral de Patrimonio Natural anunciou que xa se está traballando na procura de solucións á alta mortalidade estacional de crías de gaivota patiamarela que se detectou ao facer o censo desta especie.

Ao longo destas xornadas tamén se analizará o seguimento ambiental que se fai dos principais hábitats mariños que caracterizan os fondos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través de inmersións de mergulladores científicos para a toma de datos.

Así mesmo, abordaranse as actuacións necesarias para garantir a conservación dos ecosistemas terrestres, costeiros e dunares que conforman este espazo protexido.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...