InicioSociedadeVigo será cidade piloto para as probas dun proxecto europeo que recolle...

Vigo será cidade piloto para as probas dun proxecto europeo que recolle experiencias de tráfico

Dous vehículos autónomos e conectados percorrerán a cidade e interactuarán con outros actores da vía para a recollida de datos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo será, durante un período de 36 meses, cidade piloto para as probas do proxecto europeo IN2CCAM, iniciativa pola que o Concello de Vigo recibirá 144.313 euros.

Así o deu a coñecer este xoves en rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen sinalou que o obxectivo do proxecto é “recoller experiencias técnicas de tráfico durante 36 meses para a análise e a posterior definición e implantación de estratexias para favorecer o tráfico fluído e seguro”.

O rexedor vigués tamén destacou que no proxecto participan un total de 22 entidades públicas e privadas de Italia, España, Alemaña, Finlandia, Bélxica, Luxemburgo, Portugal, Turquía e Grecia.

Ademais, Caballero explicou que dous vehículos autónomos e conectados percorrerán a cidade e interactuarán con outros actores da vía para a recollida de datos. “Imos estudar ben como se comporta o tráfico”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...