InicioSociedadeO Sergas aproba uns servizos mínimos do 50% para a folga do...

O Sergas aproba uns servizos mínimos do 50% para a folga do persoal de mantemento do Chuvi

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres os servizos mínimos establecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a folga indefinida convocada polo persoal da empresa que realiza o mantemento no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Tal como indica a Consellería de Sanidade, ante a necesidade de garantir a presenza dun mínimo de persoal que poida atender de forma permanente a actividade imprescindible, establecéronse uns servizos mínimos do 50% dos efectivos habituais por cada quenda e categoría, salvo na área de mantemento xeral que, por dar soporte ao resto de áreas do servizo, pode ampliarse ata o 60%.

A folga indefinida afecta a todos os traballadores da empresa Veolia Servicios Norte, que realizan o mantemento integral do Chuvi. Para establecer os servizos mínimos tivéronse en conta diferentes factores para a cobertura da seguridade en relación co medio sanitario, como o risco para os pacientes, os usuarios e os traballadores, a afectación á actividade asistencial e o volume de persoas atendidas.

“De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter unha adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía”, destaca a Consellería na resolución.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...