InicioSociedadeMarea de Vigo pide a Caballero que non "delire" co retorno económico...

Marea de Vigo pide a Caballero que non “delire” co retorno económico do Nadal para a cidade

O PP local lamenta que o alcalde "lave a cara" de Pedro Sánchez e vaia a Madrid a "criticar á Xunta"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal Marea de Vigo, Rubén Pérez, pediu este martes ao alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, que non “delire” co “suposto retorno económico do Nadal”.

Así reaccionou Marea de Vigo nun comunicado despois de que o rexedor asegurase durante a súa intervención no almorzo informativo de Nova Economía Fórum, levado a cabo en Madrid, que as festas xerarán un impacto duns 750 millóns de euros en Vigo polo turismo.

Rubén Pérez solicitou a Caballero que non “delire” e que destine os 32 millóns de euros do remanente que aprobará mañá en políticas sociais que de verdade axuden ás familias nestes “momentos excepcionais”.

CRÍTICAS DO PP

Tamén a presidenta do PP de Vigo e delegada da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias, opinou este martes sobre a visita de Caballero a Madrid, lamentando que o rexedor fose á capital a criticar á Xunta “que é o único que sabe facer”.

“O que está a facer o PSOE de Vigo é lavar a cara ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez”, engadiu Fernández-Tapias, solicitando aos socialistas que defendan ante o Executivo central os intereses da cidade. Neste sentido, pediu apoio para que a cidade conte coas infraestruturas que necesita, como a chegada da alta velocidade cos trens Avril ou o Saída Sur Ferroviaria.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...