InicioSociedadeCaballero: "Vigo marca o punto de partida do Nadal no resto do...

Caballero: “Vigo marca o punto de partida do Nadal no resto do mundo”

As luces acenderanse o 19 de novembro, un día antes que no 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade acenderá as súas luces de Nadal o sábado 19 de novembro, un día antes que en 2021, cando as festas arrincaron na urbe olívica o día 20.

“Iso significa que o Nadal no planeta empeza o 19 de novembro, porque o punto de partida márcao Vigo“, reivindicou o rexedor este luns en rolda de prensa. Entre os cambios previstos para este ano, Vigo atrasará o aceso diario da súa iluminación do Nadal media hora, mentres que adiantará o seu apagado tamén media hora. Desta maneira, as luces estarán acendidas seis horas no canto de sete como no Nadal pasado.

Caballero destacou que isto permitirá ao Concello aforrar un 14,6% do consumo eléctrico, “máis do dobre do que pide Europa”. Así, acenderanse as luces desde as 18,30 horas ata as 00,30 horas.

“Vigo ten o mellor Nadal deste planeta. As máis famosas e mellores luces de Nadal e este ano cun importantísimo aforro enerxético. Máis beleza, máis atracción aforrando un 14,6% do custo enerxético”, subliñou Abel Caballero, quen convidou “a todo o mundo” a acudir á cidade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...