InicioPolíticaPontón mostra o "orgullo" do goberno de Leticia Santos en Moaña como...

Pontón mostra o “orgullo” do goberno de Leticia Santos en Moaña como “exemplo de bo facer” e traslada o seu apoio para 2023

Mostrou o seu apoio para a reelección nas municipais de 2023, para "seguir construíndo en positivo e con futuro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este sábado nunha comida popular en Moaña que congregou por centos de veciños, militantes e simpatizantes da formación nacionalista. Alí, situou o goberno de Leticia Santos como “exemplo de bo facer” para “mellorar a vida dos cidadáns” e mostrou o seu apoio para a reelección nas municipais de 2023, para “seguir construíndo en positivo e con futuro”.

“Para o BNG é un orgullo ter unha alcaldesa como Leticia (Santos) e presumir de xestión do goberno municipal en Moaña neste últimos sete anos”, reivindicou Ana Pontón, quen fixo fincapé na “capacidade demostrada” polo Bloque para “mellorar a vida das persoas nos concellos que lidera.

Son gobernos que “transforman en positivo, que colocan ás persoas no centro, que apostan por dinamizar a economía local, pola sustentabilidade e por concellos máis democráticos desde a participación cidadá con políticas de benestar social”.

Pontón defendeu que, “seguindo o legado de Xabier Abalo e Xosé Manuel Millán”, agora con Leticia Santos o BNG “volveu ser a primeira forza en Moaña, unha confianza que está segura de que revalidará e incrementará nas próximas eleccións”. “Porque esta alcaldesa non só xestiona con cabeza e corazón, senón que defende Moaña onde sexa preciso, nas rúas, nos despachos, con forza, con valentía, con entusiasmo. Non a para ninguén e ten visión de fututo”, proclamou.

Pontón remarcou que é un “exemplo da política municipal que quere e defende” o BNG, unha política “transformadora, para mellora a vida das persoas, man a man cos veciños”.

LOGROS DO GOBERNO LOCAL

Durante a súa intervención, destacou algúns “logros” do goberno municipal liderado por Santos, como en termos de cambio climático, convertendo a Moaña en “exemplo de reciclaxe”, xunto coa recuperación e preservación do patrimonio ou os “44 domingos cos veciños defendendo a sanidade pública”. “Se o PP está a xogar coa saúde das persoas, será o BNG cando teña a responsabilidade de goberno a que recupere a sanidade pública”, salientou.

A dirixente nacionalista tamén destacou que Moaña é “referente na xestión orzamentaria”, na o que os veciños deciden, e puxo en valor una dos “sinais de identidade dos gobernos municipais do Bloque: colocar ás persoas no centro da acción política”.

“O BNG está coa maioría social nesta crise de prezos, coas traballadoras, coas mulleres que seguen saíndo ao mar, coas persoas autónomas, coa xente deste país que ten dereito a pescar”, salientou, fronte a un PP que “presenta uns orzamentos cun pelotazo fiscal de 34 millóns para 7.700 millonarios”.

En contraposición, situou a Moaña, en que o investimento en benestar social pasou de 1,1 a 2,2 millóns. “Un goberno que coida ás persoas, que as acompaña. Esta é a alcaldesa que queren os veicnos. Eu estou con Leti!”, proclamou.

ÚLTIMAS

Vigo destinará 468 millóns ao novo contrato de bus urbano, que comezará en 2026 e durará 9 anos

O Portal de Contratación do Estado publicou o anuncio previo do expediente de contratación...

Ferido un septuaxenario en Mos despois de que o seu fillo o asperxese con gasolina e lle prendese lume

Un home de 78 anos de idade resultou ferido na tarde deste pasado luns...

O acusado de abusar do fillo da súa parella en Vigo négao: “Xamais, (…) a súa nai mataríame”

Un home xulgado en Vigo por un suposto delito continuado de agresión sexual ao...

O goberno municipal confirma que o novo PXOM de Vigo necesita algunhas “correccións rápidas” antes da súa aprobación definitiva

O goberno municipal de Vigo deu conta este martes, no Consello da Xerencia de...