InicioCulturaChega a Vigo o Underfest SON Estrela Galicia, que encherá de música...

Chega a Vigo o Underfest SON Estrela Galicia, que encherá de música a cidade do 22 ao 25 de setembro

O cartel do festival está encabezado por Michael Kiwanuka, unha das mellores voces do 'soul' actual e un dos artistas "máis solicitados" nos festivais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O V Underfest SON Estrela Galicia encherá de música varios escenarios vigueses entre o 22 e o 25 de setembro, con propostas como as de Michael Kiwanuka, Sara McCoy ou Doutor Explosion. O festival foi presentado este martes en Vigo pola delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias e o portavoz da promotora Sweet Nocturna, David Lago.

Así, esta cita do outono musical vigués, que conta co patrocinio da Xunta a través da marca FEST Galicia e con subvención da Consellería de Cultura, ofrecerá diferentes concertos no Auditorio Mar de Vigo, o museo Marco, A Iguana, a Sala Kominsky, Mogambo, Radar, Reserva e Masterclub.

O cartel do festival está encabezado por Michael Kiwanuka, unha das mellores voces do ‘soul’ actual e un dos artistas “máis solicitados” nos festivais, segundo apuntou David Lago.

Así mesmo, o Underfest leva a Vigo aos belgas Goose, ao londiniense PM Warson, a americana Sarah McCoy ou os suecos Diamond Dogs, e a oferta compleméntase con artistas nacionais como Hidrogenesse, Doutor Explosion, Judeline, Cupido ou Queralt Lahoz, entre outros.

O programa complétase coa exposición interactiva ‘Erro! Design, 20 years of music artwork’, composta por máis de 30 pezas do artista catalán Xavi Forné. A mostra, que abrirá este mércores na Galería Maraca da cidade olívica (e poderá visitarse ata o 15 de outubro), fai un percorrido por dúas décadas de cartelismo musical.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...