InicioDeportesVolve o Descenso Internacional do Miño con 450 participantes

Volve o Descenso Internacional do Miño con 450 participantes

A saída será este sábado ás 17.30 h dende Salvaterra

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este sábado, 17 de setembro, celébrase o 51º Descenso Internacional do Miño con 450 participantes pertencentes a 39 clubs galegos, doutros puntos de España, de Portugal, Arxentina e Uruguai.

A deste ano é unha edición especial xa que pospuxo a súa data de celebración, tradicionalmente en agosto, a este mes de setembro debido ás obras no Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, que será inaugurado o próximo mércores.

Este mediodía tivo lugar a presentación na rúa Olímpicos tudenses. O alcalde Enrique Cabaleiro destacaba que “falar de piragüismo e falar de Tui é falar de éxito, é un dos deportes que máis nos identifica”. Apuntaba neste senso que os deportes de río, piragüismo e remo, “levan o nome desta cidade polo mundo, e máis aló dos éxitos nos enchedes a todos de inmenso orgullo”.

Pola súa parte o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou coma o Club Kaiak Tudense “é un dos primeiros en ser recoñecido coma núcleo de adestramento especializado” e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, indicaba que o Descenso do Miño é unha proba internacional cunha participación altísima que “pon en valor o territorio, a Tui e ao río”.

A saída do Descenso Internacional do Miño será este sábado ás 17.30 h dende Salvaterra, será dende terra na beira española para as embarcacións K1 masculinas, dende a beira portuguesa para os K1 femininos e canoas, e dende a auga para as embarcacións dobres C2 e K2. Vinte minutos antes tomarán a saída os participantes da modalidade de paleo a pé. A entrega de premios está prevista ás 19.30 h. Entre os favoritos para subir ao podio están Franco Balboa e Lara Feijoo en K1, Jaime Duro en C1, Carmen Vilar e Tania Fernández en K2, Manuel Busto e Diego Míguez en C2, e Leticia Piña e Rubén Millán no K2 mixto.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...