InicioPolíticaO PP de Vigo reclamará en Pleno unha auditoría sobre a concesión...

O PP de Vigo reclamará en Pleno unha auditoría sobre a concesión da auga desde 2011

Quere coñecer "o destino de cada euro que sae das arcas municipais" para financiar o servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno na que insta o goberno local a contratar unha auditoría externa para analizar a concesión do abastecemento e saneamento da auga (que ten Aqualia) “desde o 2011 ata a actualidade”, para coñecer “o destino de cada euro que sae das arcas municipais” para financiar o servizo.

Así mesmo, insta a informar á Corporación municipal das cantidades cobradas en base á nova tarifa da auga (aprobada polo Pleno en febreiro de 2021) e de toda a documentación relativa á obra de modernización da potabilizadora (ETAP) do Casal, que conta cun investimento duns 23 millóns de euros que se materializarán, segundo os ‘populares’, con cargo aos recibos que pagan os veciños.

“Pagamos a auga máis cara de Galicia e a día de hoxe descoñecemos en canto se incrementou a millonaria recadación dos recibos da auga en Vigo”, incidiu o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes.

Por outra banda, reiterou que o goberno local coñece dede 2007 os problemas de funcionamento da ETAP e que o alcalde, Abel Caballero, estivo “15 anos de brazos cruzados”. “E agora tenta culpar a outras administracións da súa nefasta xestión”, subliñou, e engadiu que tampouco se corrixiu o “desequilibrio” en favor da empresa polos servizos que se cobran a outros concellos.

ÚLTIMAS

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...