InicioSucesosDetido con 60 quilos de haxix no maleteiro do coche no Porriño

Detido con 60 quilos de haxix no maleteiro do coche no Porriño

O home viña de Andalucía e se dirixía a Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un home acusado dun delito de tráfico de drogas, despois de sorprendelo cando tentaba introducir en Galicia 60 quilos de haxix ocultos no dobre fondo do maleteiro dun vehículo de alta gama.

Grazas a unha investigación que se remonta meses atrás, os policías tiveron noticias dun vehículo que podería estar implicado no transporte e repartición do haxix, e que ía subir cargado desde o sur de España.

O día 22 de agosto, o vehículo, de alta gama, foi interceptado na localidade pontevedresa do Porriño. Ao abrir o maleteiro, os investigadores puideron observar que, nun lateral, nun dos ocos da chapa e a primeira ollada, había tres bolsas con paquetes de haxix. Tras rexistrar o coche comprobouse que o fondo do maleteiro estaba claramente modificado, posiblemente para ocultar máis mercadoría.

Inmediatamente procedeuse á detención do condutor por un delito de tráfico de drogas. Xa en dependencias policiais, tras un rexistro pormenorizado do vehículo, descubriuse un espazo oculto baixo o chan do maleteiro, dotado dun complicado sistema hidráulico de apertura.

Os axentes tiveron que empregar medios técnicos para proceder á apertura do sistema, descubrindo no interior un total de 611 tabletas de haxix de gran calidade, cun peso de 60 quilos. O detido, que viaxaba só desde Andalucía, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número uno do Porriño, quen decretou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...