InicioPolíticaA Xunta contrata o anteproxecto do instituto de Navia, en Vigo, e...

A Xunta contrata o anteproxecto do instituto de Navia, en Vigo, e urxe ao Concello que asine a cesión do terreo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou este martes de que o Goberno autonómico xa contratou o anteproxecto de construción e o estudo topográfico do novo instituto do barrio de Navia, en Vigo, mentres continúa á espera de que o Concello formalice o convenio para a cesión dos terreos, condición necesaria para a execución da obra.

Tal como indicou Fernández-Tapias, o Executivo galego continúa a súa folla de ruta para avanzar nesta nova infraestrutura educativa, que suporá un investimento duns 12 millóns de euros na cidade. “Neste momento, o anteproxecto é o único paso adiante que se pode ir dando por parte da Administración autonómica mentres o Concello non firme o acordo”, lamentou a representante da Xunta na urbe olívica.

O anteproxecto de edificación, que estará concluído a finais do mes de outubro, é a fase na que os técnicos fixan os aspectos funcionais, formais, construtivos e económicos da obra, co obxectivo de proporcionar unha primeira imaxe global da mesma e establecer un avance orzamentario, segundo explicou a Xunta nun comunicado.

Por todo iso, a tamén candidata ‘popular’ ás eleccións municipais de 2023, solicitou ao alcalde, Abel Caballero, que axilice a formalización do convenio para a posta a disposición dos terreos e, desta maneira, permitir á Xunta que continúe coa licitación e a redacción do proxecto construtivo e a adxudicación das obras.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...