InicioSociedadeO 'negocio do Rivotril'. Máis de 100 millóns de euros anuais, parte...

O ‘negocio do Rivotril’. Máis de 100 millóns de euros anuais, parte con cargo á sanidade pública

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ritovil é a marca comercial do clonazepam, un potente ansiolítico cun prezo en España que apenas alcanza os tres euros con receta privada, e pouco máis de un euro si é con receta pública.

Así o desgranaba un artigo de investigación do diario EL PAIS que apuntaba como dende 2017 a venda deste ansilótico disparábase nun 113% tan só na comunidade de Madrid pola acción destas mafias que obitñan de xeito ilegal este fármaco nun lucroso negocio de máis de 100 millóns de euros de beneficio anuais, financiados en parte polo Sistema Nacional de Saude polo uso fraudulento de recetas médicas falsificadas ou roubadas.

De España a Marrocos

As mafías obteñen o fármaco de xeito ilegal nas boticas en España, usando recetas falsificadas con cargo a identidades falsas. O prezo deste fármaco é multiplicado máis dun 200% no mercado negro, onde é vendido tamén como psicotrópico onde o prezo dunha caixa chega a alcanzar os 200€ ou 300€ ou aos 8€ por comprimido vendendo de xeito individual.
Estas cifras aproximan o negocio a preto dos 100€ millóns de euros anuais, segundo cálculos da Policía Nacional.

O karkubi

O karkubi leva case unha década convertida nunha das drogas máis populares das clases máis desfavorecidas de Marrocos principalmente polo seu prezo por pastilla (2,5€ – 8€).

En ocasións mézclase con haxix en pó, o que incrementa os seus efectos alucinóxenos e psicotrópicos se son consumidos en grandes cantidades e sen control, producindo alucinacións. Os perigos máis evidentes son os de sumir a unha persoa a ideas suicidas, asasinas e incluso autolesivas por mutilización. Outros dos efectos son os de reducir as capacidades cognitivas do consumidor e moitos acaban sendo vítimas de traumatismos graves por caídas e incluso atropelos.

Unha rede mafiosa exentendida

O feito de que fosen detidos dous barceloneses por mercar ilegalemente Retrovil en Vigo e Nigrán non é un feito illado, xa que segundo sinalan investigadores da Garda Civil e Policía Nacional son bandas cunha grande ramificación en todo o estado español. Sen unha estructura xerarquizada, son células que van cambiando e movéndose por todo o estado e que son reemplazadas tras cada detención” Un risco que compensa se conseguen introducir o Rivotril en Marrocos xa que existe unha grande demanda .

O mercado ilegal de medicamentos, o outro filón das mafias

Javier Molinera, inspector xefe da Sección de Consumo Medio Ambiente y Dopaje da Policía Xudicial en declaracións nunha xornada organizada pola COFM sinalaba que o mercado ilegal de medicamentos podería alcanzar os 1400 millóns de euros.

“Non se detectaron casos de medicamentos falsificados que chegaron aos pacientes pola vía legal de dispensación nas farmacias”. Porén, fóra desta canle, o inspector xefe do Corpo Nacional de Policía expuxo diferentes operacións policiais realizadas en 2016, sobre venda de receitas falsas, distribución inversa, tráfico ilegal de anabolizantes, tratamentos para a disfunción eréctil, suplementos ou abortos, entre outros, como así como o desmantelamento de cinco laboratorios clandestinos o pasado ano co resultado de máis de 25 millóns de doses de fármacos intervidos.

Na loita por evitar a entrada de medicamentos falsificados na cadea de subministración legal e a súa detección, que compromete tanto a farmacia como a distribución e a industria farmacéutica, España implementou o Sistema Español de Verificación de Medicamentos (SEVEM), que entrou en vigor en febreiro de 2019, tal e como esixe a Comisión Europea dende 2015. O obxectivo deste sistema é identificar individualmente os envases de todos os medicamentos recetados comercializados no territorio español cun marcaxe adicional con código QR que é un identificador único por envase.

As recomendacións

A maior parte destas compras fraudulentas fanse con recetas médicas privadas falsas, inicialmente burdas copias, pero a destreza destes traficantes agudizose a medida que aumentaba a presión exercida polas forzas policiais presentando documentos máis fieis aos orixinais.

A recomendación da policía para as farmacias é insistir en cotexar os datos persoais do comprador. Se se sinten vixiados soen irse. Recomendan que en caso de dúbida sobre a autencidade da receita, indicar que non dispoñen do medicamento, pero sempre con cautela dado que hai xente que verdadeiramente o precisa e non se lles pode negar.

ÚLTIMAS

Xulgados de Vigo admiten a trámite as primeiras demandas de afectados por motores PureTech de Stellantis

A Asociación de Afectados Stellantis (Afestel) polos motores PureTech anunciou que os xulgados de...

Varios colectivos chaman a manifestarse en Vigo o 30 de xaneiro por recortes en recursos públicos educativos e sociais

A Federación Olívica de Anpas (Foanpas); os sindicatos STEG, CIG e CUT; e a...

Traballadores de Levantina convocan este xoves unha manifestación no Porriño en rexeitamento ao ERE que suporá 95 despedimentos

Traballadores da empresa de pedra natural Levantina marcharán este xoves polo Porriño en rexeitamento...

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...