InicioSociedadeVigo acolle o III Congreso Nacional Multidisciplinar de Higienistas Dentais a partir...

Vigo acolle o III Congreso Nacional Multidisciplinar de Higienistas Dentais a partir deste venres

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acolle a partir deste venres o III Congreso Nacional Multidisciplinar de Hixienistas Dentais ‘Sorría Vigo22’, que terá lugar ata o vindeiro sábado na sede de Afundación de Abanca.

Tal como informaron os seus organizadores, serán máis de 20 relatores de “primeira liña” e de dentro e de fóra de Galicia os que darán unha formación “seria, atractiva, práctica e moderna” aos asistentes a través de relatorios, talleres prácticos, mesas redondas e actividades preventivas orientadas á cidadanía.

Xa este xoves e venres, levarán a cabo charlas de prevención bucodental e talleres de cepillado en colexios de Vigo a nenos de entre 5 e 8 anos de idade, mentres que tamén o venres impartiranse talleres de cepillado dirixidos á poboación nunha carpa instalada no Farol de Urzaiz.

Pola súa banda, a inauguración do Congreso terá lugar o sábado ás 12,15 horas Afundación, á cal acudirán, entre outros, o conselleiro de Sanidade, Julioo García Comesaña, así como o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...