InicioVigo e contornaVigoO debate da área Metropolitana volve ao pleno de Vigo

O debate da área Metropolitana volve ao pleno de Vigo

O PSOE pide á Xunta que facilite a constitución do ente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno do Concello de Vigo recuperou este mércores un debate que foi recorrente en determinados momentos e ámbitos políticos da cidade, pero que facía meses que non estaba presente, o da posta en marcha da área Metropolitana.

Así, os corporativos volveron a falar do ente supramunicipal, neste caso, por unha moción do grupo socialista, que pide á Xunta que cambie a lei da área para eliminar a cláusula que condiciona a súa constitución á entrada da cidade olívica no plan de transporte metropolitano, que “non existe”.

A proposta do grupo de goberno local, que foi aprobada (cos votos do PSOE, a abstención de BNG e Marea de Vigo, e o rexeitamento do PP), foi defendida por Carlos López Font, que volveu a repetir que a Xunta de Feijóo boicoteou a área Metropolitana, levándoa aos tribunais, porque “non querían que Abel Caballero fose o seu presidente”.

ABEL CABALLERO, “O ÚNICO OBSTÁCULO”

Pola súa banda, a concelleira do PP, Teresa Egerique, lembrou que o alcalde da cidade, Abel Caballero, estivo no Parlamento “aplaudindo” o día que se aprobou por unanimidade a lei da área Metropolitana de Vigo, e que asinou un convenio coa Xunta para adherirse ao sistema de transporte metropolitano, que “nunca” cumpriu. “O transporte metropolitano existe, pero Vigo non quere adherirse, e o único motivo é Abel Caballero, o único obstáculo para que haxa Área Metropolitana”, proclamou.

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, sinalou que a orixe do conflito do Concello co transporte metropolitano está na concesionaria de bus urbano, Vitrasa, que “fixo o posible para que non houbese Área Metropolitana” e Vigo non entrase no modelo de transporte metropolitano, porque “perdía un negocio suculento”.

Finalmente, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que nin PP nin PSOE “quixeron nunca a área Metropolitana”, senón que se dedicarona “pelexarse por ver quen presidía unha semiprovincia”. O edil nacionalista propuxo unha emenda á moción para instar un acordo entre Concello e Xunta para pór en marcha un transporte metropolitano, pero o PSOE rexeitouna.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...