InicioVigo e contornaVigoFalecen tres persoas con covid na área de Vigo

Falecen tres persoas con covid na área de Vigo

Os óbitos producíronse nos últimos seis días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade comunicou a morte doutras 17 persoas de entre 73 e 99 anos de idade pola pandemia da Covid-19 no conxunto de Galicia, todos con patoloxías previas, desde o pasado luns, cando había 3.432 falecidos, polo que ascenden a 3.449. Segundo informou este mércores Sanidade –ao ser o martes 17 de maio festivo non comunicou falecidos desde o luns–, o pasado 12 de maio faleceu un home de 78 anos na área sanitaria de Ferrol.

O 13 de maio morreron na área de Vigo un home de 81 anos e unha muller de 85; mentres que na de Ferrol faleceron un home de 91 e unha muller de 86 anos. O 14 de maio morreron na área sanitaria de Santiago e Barbanza un home de 86 anos e outro de 88; mentres que na de Vigo faleceu unha muller de 91 anos de idade.

Outro tres óbitos rexistráronse o 16 de maio nas áreas da Coruña e Cee, na que faleceron dous homes de 73 e 99 anos de idade, mentres que na de Santiago e Barbanza morreu unha muller de 93. O pasado 16 de maio perderon a vida no marco da pandemia un home de 79 anos e unha muller de 89 na área sanitaria da Coruña e Cee; e un home de 94 na de Pontevedra e O Salnés.

As tres últimas vítimas mortais notificadas por Sanidade corresponden ao pasado 17 de maio, o tres na área sanitaria da Coruña e Cee: unha muller de 89 anos e dous homes de 85 e 93 anos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...