InicioSucesosO alcalde de Baiona e a Concelleira de Igualdade sofren un aparatoso...

O alcalde de Baiona e a Concelleira de Igualdade sofren un aparatoso accidente

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Igualdade, María del Carmen Paredes, sufriron un accidente de coche este venres á altura de Leiría (Portugal) cando se dirixían a actos oficiais en Huelva. El saíu ileso, ela sufriu unha posible fractura na boneca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 O propio Concello informou destes feitos nun comunicado, no que indicou que no accidente víronse implicados sete vehículos, varios dos cales se saíron da vía pola que circulaban e envorcaron.

En canto ao coche no que viaxaba o alcalde, “ningún dos ocupantes sufriu danos graves” fóra da concelleira, que apuntaron que pode sufrir unha fractura de boneca e está acompañada polo alcalde para que poida recibir atención sanitaria en España.

Ante o ocorrido, Rodal agradeceu as chamadas e as mensaxes de afecto e agarimo recibidos. Os edís trasladábanse a Palos de la Frontera , pobo hermanado coa vila pontevedresa, para participar nun acto oficial pola XVIII Feira do Descubrimento, aínda que por estes feitos o rexedor cancelou a súa intervención.

Si que estará presente o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas, quen xa se atopa en Andalucía para representar ó Goberno baionés; así como o grupo de gaitas A Seneira e membros da Escola de Danza Vila de Baiona.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...