InicioVigo e contornaO PorriñoDenunciado un camioneiro que circulaba pola A-52 transportando madeira de piñeiro con...

Denunciado un camioneiro que circulaba pola A-52 transportando madeira de piñeiro con risco de caer á vía

Tiña un exceso do 45 por cento da carga autorizada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Tráfico do Porriño interceptou e denunciou o pasado mércores, durante un control de transportes, o condutor dun camión que portaba madeira de piñeiro “cunha carga totalmente escorada e con risco de caída á vía”.

Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu no quilómetro 278,500 da autovía A-52, en sentido O Porriño. O condutor era de nacionalidade portuguesa.

Os axentes observaron tamén un exceso de peso no camión, polo que procederon a realizar unha pesada. Arroxou un total de 58.150 quilos a pesar de estar autorizado para unha carga máxima de 40.000 quilos.

En concreto, supón un exceso do 45 por cento na carga que ten autorizada o vehículo, polo que se procede á inmovilización ata que o exceso da mesma poida ser transbordada a outro camión e se estibe correctamente.

Ao ser de nacionalidade estranxeira o condutor, tamén se esixe o abono da sanción correspondente, que é de 4.001 euros polo exceso de carga e outros 200 por tela mal estibada.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...