InicioSociedadeSoben os casos covid na área de Vigo tras a Semana Santa

Soben os casos covid na área de Vigo tras a Semana Santa

Houbo un novo falecido de 90 anos por covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia, cun total de 14.909, segundo datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade. Son 1.130 máis que na xornada anterior tras rexistrarse 1.717 novos contagios.

Con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, e de acordo coa información publicada polo Sergas recollida por Europa Press, os pacientes ingresados aumentan lixeiramente pasando de 636 a 639. Pola súa banda, a taxa de positividade –número de PCR positivas por cada 100 realizadas– repunta a un 37%. Dos hospitalizados, 623 atópanse en unidades convencionais –dous máis–, mentres que aumenta nunha persoa as que se atopan en UCI, un total de 16. Ademais, hai 14.270 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

DATOS POR ÁREAS

Por áreas sanitarias,a de Vigo continúa con tres pacientes Covid en UCI e descenden os ingresados noutras unidades, ata situarse en 85.

Tamén os contaxiados por Covid ascenden en Galicia a 574.095 desde que comezou a pandemia, dos que 131.917 corresponden á área de Vigo. As vítimas tamén aumentan a 3.316, de acordo coa información facilitada polo Sergas. Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron o 20 de abril, un home de 91 anos, na área sanitaria de Ourense e outro da mesma idade, na de Vigo. Os falecidos tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...