InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero reclámalle á Xunta máis de 2.000 millóns de euros

Abel Caballero reclámalle á Xunta máis de 2.000 millóns de euros

O rexedor considera que a Xunta discrimina á cidade no reparto de orzamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar este xoves contra a Xunta de Galicia, asegurando que o Goberno autonómico “lle debe á cidade” 2.258 millóns de euros polo seu volume de poboación. Os orzamentos da administración autonómica para este 2022 acadan a cifra de 11.627 millóns, a máis alta de historia, se ben hai que ter en conta a inflación con respecto a períodos anteriores.

Na súa rolda de prensa diaria, Caballero insistiu en criticar ao Executivo autonómico e ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, indicando que desde que chegou ao Goberno en 2009 a Xunta “débelle a Vigo” máis de 2.200 millóns.

Segundo as contas do rexedor, o Executivo galego debería gastar os seus investimentos por volume de poboación, polo que do total de máis de 25.000 millóns de euros que o Goberno autonómico investiu nos últimos 13 anos, a Vigo tocaríanlle case 2.780 millóns, a pesar de que só se gastaron algo máis de 500.

Isto sempre segundo datos de Caballero, que considera que o investimento da Xunta débese de facer por volume de poboación. A pesar da dispersión xeográfica da cidadanía galega. Caballero aproveitou a ocasión para insistir nas súas críticas a Núñez Feijóo lembrando, entre outras moitas accións, que Vigo paga a potabilizadora de auga da cidade, aínda que tamén permite que outros concellos como Cangas ou Moaña accedan a ela.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...