InicioPolíticaMarea de Vigo critica que directivos de entidades, sen consultar cos asociados,...

Marea de Vigo critica que directivos de entidades, sen consultar cos asociados, apoiasen o indulto no ‘caso enchufe’

Esta forma de proceder, asegura a formación, supón unha "vulneración das garantías democráticas e das normas que rexen o tecido veciñal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo cualificou este martes como “moi grave” o feito de que directivos de entidades veciñais, culturais ou sectoriais da cidade asinasen a adhesión á petición de indulto do exfuncionario condenado a prisión por ter ‘enchufado’ a unha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal, sen consultar aos seus asociados.

Nun comunicado, este grupo municipal sinalou que esta forma de proceder supón unha “vulneración das garantías democráticas e das normas que rexen o tecido veciñal”, e que pode ter como consecuencia a dimisión ou destitución das directivas implicadas, porque os socios están “lexitimados” para pedirlles responsabilidades.

Neste caso, os asinantes adoptaron un “posicionamento político evidente” e “non é de recibo” que esa adhesión non fora sometida ao máximo órgano de decisión. Marea de Vigo instou a veciñanza asociada a estas entidades a “facer valer os seus dereitos de expresión e de decisión democrática” e constatou que moita dela se está queixando polo ocorrido.

Con respecto á “rumoroloxía” sobre supostas presións por parte de persoas vinculadas ao PSOE de Vigo e ao goberno municipal para solicitar eses apoios, este grupo municipal evitou pronunciarse, aínda que insistiu en que os posicionamentos de asociacións deben adoptarse por acordo dos seus membros.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...