InicioSociedadeO BNG urxe un medio de transporte "eficaz" entre A Guarda e...

O BNG urxe un medio de transporte “eficaz” entre A Guarda e Caminha

O parón de seis meses polo peche do porto debido á falta de canle de navegación e o descenso do tránsito "influíron notablemente na actividade económica da Guarda", sinala Néstor Rego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG urxe ao Goberno a posta en marcha dun medio de transporte “eficaz e sustentable” que una o municipio portugués de Caminha co da Guarda. Os nacionalistas propuxeron, como medida temporal, un barco e a aposta por un proxecto de futuro para a construción dunha Eurocidade.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou este martes novas iniciativas ante a situación actual de “comunicacións limitadas” entre estes dous puntos e asegurou que o proxecto de Eurocidade “potenciaría as relacións entre as localidades situadas a ambas as beiras do Miño”.

A organización frontista sinalou, nun comunicado, que o transbordador Santa Rita de Cássia, que permitiu a conexión entre A Guarda e Caminha desde 1995, quedou “obsoleto” por tratarse dunha embarcación anticuada e que necesita un calado para navegar do que o río carece. O BNG lembrou que, durante décadas, se recorreu ao dragado do estuario do Miño, primeiro a cargo do Goberno portugués e despois do español ata 2012.

A solución dos dragados permanentes non serve polo seu alto custo ambiental e económico. Ademais, as constantes avarías e un pantalán de atracada absolutamente abandonada, por parte de Portos da Xunta de Galicia, contribuíron tamén nos últimos anos a facer inservible este medio de transporte, que xa non permite o tránsito de vehículos e onde os horarios dependen das mareas”, explicou Rego.

Neste sentido, o deputado nacionalista afirmou que “resulta fundamental recuperar dunha maneira eficaz” a comunicación con Caminha, para o que reclamou “un compromiso” dos Gobernos de Portugal e España, así como a implicación da Xunta nesta materia.

Así mesmo, Rego sinalou que, tras o parón de seis meses polo peche do porto debido á falta de canle de navegación, tanto dito parón como o descenso do tránsito “influíron notablemente na actividade económica da localidade da Guarda”, polo que insta a aplicar algunha das medidas propostas a falta dunha solución a longo prazo.

ÚLTIMAS

O IEO e os mariscadores de Vigo únense para recuperar a volandeira tras anos de veda

O Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e a Asociación de Marisqueo á boia Ría...

José González anima ao empresariado de Mos a solicitar as novas axudas á contratación

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo este mércores unha reunión...

Alfonso Rueda destaca o “bo momento” do naval galego e a súa aposta polo sector da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o "bo momento" no que se atopa...

A Universidade de Vigo impulsa un “laboratorio vivo” para probar o 6G: un banco experimental único en Europa

Investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) activaron recentemente unha nova rede experimental de comunicacións...