InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta deixa ás Cíes sen axudas do Plan Nacional Xacobeo

A Xunta deixa ás Cíes sen axudas do Plan Nacional Xacobeo

Alfonso Rueda xustifica a medida pola "premura" na presentación das propostas e lembra que a Xunta é a administración "que máis inviste en Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de doce Bens de Interese Cultural (BIC) situados en Galicia repártense 27 millóns de euros procedentes de fondos Next Generation a través do Plan Nacional Xacobeo para desenvolver accións de mellora desde o punto de vista turístico.

Diso deu conta o vicepresidente segundo do Goberno galego, Alfonso Rueda, tras a reunión do Consello da Xunta, reunido este xoves co ‘dous’ do Executivo autonómico á cabeza pola ausencia do titular, Alberto Núñez Feijóo, que tiña previsto participar na Conferencia de Presidentes da Palma finalmente anulada polo conflito de Ucraína.

Rueda informou que Galicia recibe case o 40% dos 65 millóns de euros convocados para o todo o Estado para a realización de accións de perspectiva turística en Bens de Interese Cultural (BIC) situados en zonas do Camiño de Santiago. Así as cousas, Galicia leva 27 destes 65 millóns, que serán destinados a actuacións que deberán levar a cabo entre este ano e os dous próximos exercicios.

Pero, deses 27 millóns as Illas Cíes non recibirán nin un céntimo, como si recibirán as outras dúas grandes illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Ons e Sálvora. A primeira percibirá 1,6 millóns e a segunda preto dun millón.

Entre os bens que recibirán cartos está a fortaleza de Monterrei,que concentra máis do 60% do total da contía dos doce proxectos seleccionados, 17 millóns. Tamén serán subvencionados outros BICs como o do parque do Pasatempo de Betanzos, a Ribeira Sacra ou a ribeira do río Lérez. Tamén foron seleccionados a Torre de Hércules, a casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa, o Cárcere Vello de Tui, as Torres do Oeste de Catoira, Mondoñedo e o castelo de Santa Cruz da Guarda.

CASO DAS CÍES

Preguntado por Galicia Confidencial sobre a exclusión das Cíes nestas axudas, Rueda xustificouno pola “premura” coa que tiveron que presentarse as propostas. Así, lembrou que, nun primeiro momento o Goberno central permitiu incluír a calquera BIC, pero logo indicou que non serían subvencionables BICs relacionados coa Igrexa. “Polo tanto houbo premura en madurar estes proxectos”, dixo.

Neste sentido, tamén aludiu a posibles críticas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, por esta exclusión. “Calquera reacción ou proposta da Xunta vai ter sempre o criterio en contra do alcalde de Vigo”, respondeu, ” a pesar de que a Xunta é a administración que máis inviste en Vigo”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...