InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG defende a "arte do xeito" para xouba e sardiña, pesca...

O BNG defende a “arte do xeito” para xouba e sardiña, pesca tradicional prohibida polo Goberno

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hai uns días decretábase a prohibición de pescar xouba e sardiña para as embarcacións que traballan coa arte do xeito ordenada polo Ministerio de Pesca, presuntamente motivada polo consumo da cota prevista. E o BNG de Redondela saíu en defensa da “arte do xeito”, pesca tradicional.

“Son unhas 40 embarcacións as afectadas no concello de Redondela. A prohibición nestes momentos, época de maior consumo en fresco, é una burla e aboca ao paro a moitos mariñeiros, que pon fin a un sistema de pesca tradicional e sostibél que se leva practicando dende fai centos de anos”, subliñan.

Engadiron desde o BNG que “só desde o descoñecemento e a irresponsabilidade se pode ter sometida a esta arte de pesca tradicional e absolutamente comprometida co respecto o medio ambiente, a un sitema de cotas imposto dende a Unión Europea e co visto e prace dos gobernos do España e Galiza, absolutamente discriminatorio e arbitario”.

“Este problema súmase aos xa existentes na pesca de baixura e o marisqueo no noso concello, cun nefasto acordo con Portugal para a xestión da pesca de sardiña, e fai que a situación da flota de cerco de Redondela (a mais grande da ría de Vigo), uns 30 barcos e mais de 200 tripulantes, sexa critica”, sinalan dende a formación nacionalista.

Especies mariñas / Photopin

“Estas políticas tan agresivas teñen como consecuencia que nos últimos anos un sector económico tan importante e de tanta tradición en Redondela como é a pesca de baixura e o marisqueo estea perdendo peso de maneira alarmante. Abonda con dicir que nos últimos 10 anos a flota de baixura de Redondela perdeu 30 barcos. Isto é, cada ano 3 barcos cesaron na súa actividade”, lamentan.

E no marisqueo a pé as cousas non van mellor: “En 2008 contabamos con máis de 200 permisos de explotación, hoxe son pouco mais de 100 as persoas que exercen este traballo, segundo os datos da Plataforma Galega da Pesca, dependente da Consellería do Mar”.

O Portavoz Municipal do BNG de Redondela, Xoan Carlos González, presentou por escrito as seguintes preguntas dirixidas o alcalde de Redondela: “Mantivo o alcalde algunha xuntanza co sector? Participou nalgunha das iniciativas levada a cabo polo sector? Ten solicitado o alcalde algunha xuntanza con representantes do Goberno Galego para abordar esta situación? Cales son os pasos que o alcalde vai dar na defensa da pesca de baixura e do marisqueo, nomeadamente da flota do xeito do noso concello?”

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...