InicioSociedadeCoFiGa apoia ás traballadoras de Esteve Taijin polo deterioro das súas condicións...

CoFiGa apoia ás traballadoras de Esteve Taijin polo deterioro das súas condicións laborais

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) critica que a "oferta temeraria á baixa" desta empresa provocou "unha considerable deterioración na prestación do servizo, con falta do material sanitario necesario".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) mostra o seu total apoio aos traballadores da empresa “Esteve Taijin” e ás mobilizacións que están a realizar para denunciar a precariedade laboral á que están sometidos e á consecuente deterioración na prestación do servizo de terapia respiratoria domiciliaria aos pacientes das áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra-O Salnés e Santiago-Barbanza.

“A Fisioterapia Respiratoria Domiciliaria é esencial para o tratamento e seguimento de patoloxías de tipo crónico que afectan o pulmón e/ou ás vías respiratorias ás que desafortunadamente hai que engadir o elevado e crecente número de casos de persoas con afeccións respiratorias provocadas polas síndromes PostCovid e/ou Covid Persistente”, explica o presidente do CoFiGa, Gustavo Paseiro Ares.

Por iso, considera “totalmente inadmisible a deterioración na calidade da prestación deste servizo asistencial en tres áreas sanitarias tan populosas”. Entre as enfermidades respiratorias están a EPOC, asma, hipertensión pulmonar, bronquiectasias ou infección bronquial crónica, enfermidades pulmonares de orixe laboral hipertensión pulmonar, agudizaciones da fibrosis quística. 

Os traballadores de ‘Esteve Taijin’ protagonizaron o pasado día 14 de febreiro a primeira xornada de folga convocada, concentrándose ademais en Santiago, no centro da empresa situado na Avenida de Barcelona, así como no almacén do Porriño (Pontevedra). Unhas mobilizacións que se repetirán o vindeiro luns 21 de febreiro, cunha nova xornada de folga e concentracións nos centros da empresa en Vigo e Pontevedra. Denuncian con estas mobilizacións e xornadas de folga o incumprimento dos pregos de contrato que leva a cabo a concesionaria, que repercuten nun empeoramento das súas condicións laborais.

Tal e como argumentan os propios traballadores, a empresa comezou en novembro de 2020 a prestar servizo como concesionaria do Sergas para a prestación de atención domiciliara a pacientes con patoloxía respiratoria nas áreas sanitarias de Santiago-Barbanza, Pontevedra-O Salnés e Vigo, presentando o que cualifican de “oferta temeraria á baixa” que segundo expertos no sector resulta totalmente “irrealizable”. Ademais, a empresa conta con só 77 traballadores, unha cifra moi inferior aos 136 que fixa a concesión.

Esta situación provoca unha considerable deterioración na prestación do servizo, con falta do material sanitario necesario e provocando que moitos pacientes teñan que desprazarse aos centros da empresa cando antes eran atendidos no seu domicilio”, critica o Colexio de Fisioterapeutas. 

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...