InicioSucesosPega e ameaza de morte a dúas camareiras por non servirlle unha...

Pega e ameaza de morte a dúas camareiras por non servirlle unha copa nun bar de Martínez Garrido

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo trasladáronse este domingo pola tarde, sobre as 17:45 horas, a unha cafetería da Avd. Emilio Martínez Garrido onde ao parecer un cliente estaba agredindo aos camareiros.

Á chegada dos Policías ao lugar, tres persoas intentaban inmobilizar a un varón que estaba no chan. “Gritaba e estaba moi agresivo”, lembran. Os Axentes intentaron identificalo, comezando o varón a insultalos e ameazalos de morte, á vez que intentaba agredilos.

Segundo manifestaron os tres camareiros, un varón -que resultou ser O.P.G.-, entrara na cafetería moi alterado, e que precisamente polo seu estado non querían servirlle. Ante esa negativa, o home accedera ao interior da barra agredindo ás dúas camareiras, tendo que interceder o outro camareiro. Finalmente conseguiron inmobilizar ao agresor ata a chegada da Policía.

O.P.G. podería atoparse baixo os efectos dalgunha sustancia, polo que foi trasladado en primeira instancia a un centro asistencial, continuando alí cos  intentos de agresión aos Policías. Posteriormente mentres se instruían dilixencias trala súa detención, continuou proferindo ameazas de morte contra o persoal da cafetería onde ocorreron os feitos.

ÚLTIMAS

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...