InicioEconomíaO Goberno asegura que Stellantis aínda non cumpre os requisitos para o...

O Goberno asegura que Stellantis aínda non cumpre os requisitos para o enganche á alta tensión

"Hai que ver exactamente que é o que se necesita e, no seu caso, que alternativas hai que poidan ser máis beneficiosas para a propia planta industrial" segundo a ministra Teresa Ribera.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, considerou que a planta de Stellantis en Vigo “está moi lonxe” de cumprir os requisitos para o enganche á alta tensión.

Así se pronunciou este xoves a tamén vicepresidenta terceira do Goberno tras reunirse en Santiago de Compostela co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Preguntada por se o plan de investimentos da Rede Eléctrica para 2026 contemplará leste enganche co polígono de Balaídos en Vigo, Ribera explicou que ten “pendente” unha conversación coa empresa para que “expliquen ben, en detalle, cales son os seus argumentos e previsión”.

“A instalación de novas infraestruturas para a evacuación, o cambio de potencia, a conexión a rede de alta tensión ten uns limiares dos que Stellantis está moi lonxe de cumprir, por tanto non estaría xustificado”, sostivo.

Dito isto, lembrou que “quedara na planificación anterior na lista de ‘veremos'” e “non se chegou a materializar”. “Hai que ver exactamente que é o que se necesita e, no seu caso, que alternativas hai que poidan ser máis beneficiosas para a propia planta industrial sen con iso sobrecargar de maneira desproporcionada”, apuntou.

“Existen moitas peticións no conxunto do territorio que quizá estarían mellor xustificadas que Stellantis“, asegurou.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...