InicioPolíticaGuerra reivindica que o funcionamento dos partidos debe ser "democrático" na conmemoración...

Guerra reivindica que o funcionamento dos partidos debe ser “democrático” na conmemoración da Constitución

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PP á Presidencia do partido en Vigo, Javier Guerra, citou, no Día da Constitución, o artigo 6 da Carta Magna que sinala que a estrutura interna e funcionamento dos partidos políticos “deberán ser democráticos”.

Anunciou, neste sentido, que o programa que presenta para a presidencia do PP de Vigo inclúe medidas concretas para “avanzar na democratización da estrutura interna e para garantir a participación” para a configuración dun proxecto de cidade sólido e sen inxerencias, “que soamente responda os intereses do Partido Popular de Vigo e dos vigueses”.

Javier Guerra manifestou que “está ben apostar pola ilusión e a participación”, pero engadiu que “non deixan de ser palabras baleiras se non se acompañan de propostas concretas de actuación neste sentido”. Por iso, lembrou que a súa proposta para o PP local inclúe a creación de espazos de participación e intercambio de ideas nos que o denominador común será a presenza de representantes do grupo municipal.

Así, avanzou que, se gana, un destes espazos estará formado por representantes dos barrios e parroquias, que “terán a oportunidade de expor propostas que axuden a equilibrar unhas políticas que tradicionalmente beneficiaron a algúns distritos fronte a outros”.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...