InicioPolíticaRueda pide "limpeza" no congreso do PP vigués ao detectarse intentos de...

Rueda pide “limpeza” no congreso do PP vigués ao detectarse intentos de afiliación irregulares vinculados a Guerra

Marta Fernández-Tapias pide "explicacións" ao exconselleiro e senador polas "manobras na sombra" e o "xogo sucio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do PP na provincia de Pontevedra e vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, pediu este martes a “máxima limpeza” no proceso electoral aberto en Vigo para a elección do próximo responsable local do partido, despois de coñecerse que houbo varios intentos de afiliación irregulares, por parte de persoas que facilitaban un número de conta para domiciliar as cotas do que non eran titulares, senón que dita conta é do senador Javier Guerra, precisamente un dos aspirantes á presidencia do PP na cidade olívica.

En declaracións aos medios durante unha visita ás obras da Cidade da Xustiza en Vigo, Alfonso Rueda defendeu “a máxima transparencia” neste proceso, seguro de que “é o que desexan os candidatos”, e por iso explicou que remitiu ao comité organizador do Congreso o comunicado da Secretaría de Organización de Xénova no que se alertaba desas irregularidades.

Este comité, tras reunirse nas últimas horas, ratificou que non se permitirá participar no conclave do 18 de decembro ás persoas afiliadas despois do 20 de xullo deste ano, e acordou abrir un prazo para que os afiliados que non estean ao día poidan abonar as súas cotas pendentes.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...