InicioVigo e contornaMosDeteñen a dúas persoas e incautan un alixo de cocaína impregnada en...

Deteñen a dúas persoas e incautan un alixo de cocaína impregnada en roupa e outros efectos nunha furgoneta

Entre os efectos incautados atópase a chamada 'Coca Rosa, unha sustancia que se estaría introducindo en España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operativo da Policía Nacional saldouse coa detención de dúas persoas e a incautación dun alixo de cocaína impregnada en roupa e diversos efectos no interior dunha furgoneta no municipio de Mos.

Estas actuacións levaron a cabo o pasado 25 de novembro nunha gasolineira da localidade pontevedresa, cando os dous detidos se dispuñan a trasladar a sustancia e os efectos utilizados para a súa decantación.

A sustancia intervida viña impregnada en roupa e outros obxectos desde a súa orixe en terras suramericanas polo que a organización debía levar a cabo a súa extracción nun laboratorio.

Entre os efectos incautados atópase a chamada ‘Coca Rosa’, tamén coñecida como ‘Nexus’ ou ‘Tusi’, unha sustancia “altamente aditiva” e que se estaría introducindo en España. Esta droga “aumenta a adicción” e o seu prezo é superior á cocaína habitual, xa que roldaría os 100 euros o gramo.

A Policía Nacional engadiu, ademais, que a operación continúa aberta e non se descartan máis detencións relacionadas co caso, aínda que se considera desarticulada unha importante rede de introdución, preparación e posterior distribución de cocaína por toda a comunidade galega.

Entre os efectos incautados atópanse dous quilos e medio de cocaína en po, dezaseis litros de cocaína diluída, vinte e catro gramos de cocaína rosa, sustancia de corte, diñeiro en efectivo, gran cantidade de produtos químicos e utensilios para a preparación da droga.

ÚLTIMAS

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...