InicioCulturaA biblioteca de Ponteareas gaña o premio "María Moliner" polo seu labor...

A biblioteca de Ponteareas gaña o premio “María Moliner” polo seu labor na difusión da lectura

Recibirá máis de 2.000 euros que se destinarán a ampliar os fondos bibliográficos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O labor na difusión da lectura que realiza a Biblioteca Municipal de Ponteareas vén de ser recoñecido no Certame de Proxectos de Animación á Lectura María Moliner 2021. O xurado do premio destacou o mérito do programa “A biblioteca cerca de ti”, a través do cal se puxeron en marcha actividades, contacontos, obradoiros, clubs de lectura e encontros con escritores co obxectivo de difundir a lectura entre os veciños e veciñas.

Así, a Biblioteca de Ponteareas recibirá máis de 2.000 euros, que se destinarán a ampliar os fondos bibliográficos.

A campaña Animación á Lectura é un concurso dirixido a concellos de menos de 50.000 habitantes, que pon en marcha o Ministerio de Cultura e Deporte en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, a través do cal se premian os mellores proxectos ou actividades de dinamización da lectura desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre os nenos e mozos, que constitúen a base dos futuros lectores adultos.

O concelleiro de Cultura da vila do Tea, Fernando Groba, felicita ao persoal “polo seu gran traballo” e sinala que dende o Concello “non pararemos de apostar por iniciativas para acercar á veciñanza ao pracer de ler”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...