InicioCulturaGalifornia Beat, o festival da Guarda que mestura boa música, skate, graffiti,...

Galifornia Beat, o festival da Guarda que mestura boa música, skate, graffiti, break dance e “batallas de galos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galifornia Beat é un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018 nas pistas deportivas e arredores do Porto da Guarda, cunha superficie total de 30.000 metros cuadrados.

Para a Concelleira de Cultura, Elena Baz, o Galifornia é un evento que ben merece o apoio
do Concello, non só pola gran cantidade de público asistente, “senón pola variedade de
actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións
artísticas”.

Este festival conxuga verán, deporte, arte e música; contando cunha extensa programación de actividades coma sesión vermouth, concertos, graffitis, break dance, market place e moito máis.

actúan os vigueses kings of the beach

No apartado musical o IV Galifornia Beat contará coas actuacións dos grupos
Belgrado (Córdoba), Kings of the Beach(Vigo), Fuzzil(Portugal), Glitter & Litter(Pontevedra), Milhomes(A Guarda), Los Lombardi(Portonovo) e Crema(Gijón).

A organización do evento destaca tamén o WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais.

Tamén o BikeTrial, con deportistas que virán dende Santiago de Compostela a competir ou o Open de S.K.A.T.E., onde os trucos e acrobacias serán os protagonistas. E, coma novidade, a “Batalla de Gallos”.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...