InicioUn camión atropela a unha muller na Cañiza e dáse á fuga

Un camión atropela a unha muller na Cañiza e dáse á fuga

Foi preciso mobilizar o helicóptero medicalizado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller necesitou ser evacuada en helicóptero medicalizado no mediodía deste sábado despois de ser atropelada por un camión no concello pontevedrés da Cañiza. O vehículo implicado continuou a marcha tras o impacto. Segundo informa o 112 Galicia, foron os profesionais de Urxencias Sanitarias-061 os que chamaron sobre as 13,30 horas para informar á central de emerxencias de que a aeronave con base en Ourense partía cara ao punto do incidente.

O atropelo ocorreu á saída da A-52 e, segundo os datos facilitados ao 112 por unha testemuña do accidente, o condutor do camión continuou a marcha. A central de emerxencias, para prestar apoio ao equipo médico e restablecer as condicións de seguridade na vía, pasaron o aviso aos membros do GES-SPEIS de Ponteareas, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de...

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...