InicioPolíticaOs alcaldes galeguistas de Galicia; “un socialdemócrata e outro liberal”

Os alcaldes galeguistas de Galicia; “un socialdemócrata e outro liberal”

Rafa Cuíña, rexedor de Lalín, e Carlos Vázquez Padín, de Tui, mantiveron este mércores o primeiro encontro institucional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Foi unha visita case de cortesía. Non tivo contido político, pero as fotos cómplices de Rafa Cuíña, alcalde de Lalín, e Carlos Vázquez Padín, de Tui, están dando que falar. Hai uns anos, cando os dous competían por un espazo político semellante; un como dirixente de Compromiso por Galicia (CxG) e o outro de Converxencia 21, había distanciamento e mesmo tensión como se palpaba a través das redes sociais. Pero agora, a cousa cambiou.

Son os alcaldes “galeguistas” de Galicia, un de Lalín e outro de Tui. “Un socialdemócrata e outro liberal”. É o comentario de xolda que lle fixo Cuíña a Padín na primeira visita institucional do primeiro ao segundo para promocionar a festa do cocido de Lalín que terá lugar o vindeiro mes. Unha visita que xurdiu dun encontro casual na Deputación de Pontevedra.

Tui é unhas das grandes vilas galegas pola súa importancia histórica e transfronteiriza”, dixo Cuíña sobre a súa visita a Tui. “Fomos moi  ben recibidos polo alcalde e alí tivemos o autobús que promociona o cocido, do que disfrutraron moitos tudenses”, apuntou en declaracións a Galicia Confidencial.

“CORDIALIDADE”

“Houbo un clima de cordialidade e de boas palabras con Carlos”, suliñou.  Tamén Padín coincidiu no mesmo. “Foi unha visita de cortesía. Houbo moita cordialidade entre os dous e eu estiven moi cómodo”, sinalou tamén en declaracións a este medio.

Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no autubús de promoción do cocido de Lalín, estacionado en Tui
Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no autubús de promoción do cocido de Lalín, estacionado en Tui / Carlos Vázquez Padín
Con todo,  unha entente entre os dous rexedores “galeguistas” terá que agardar. Polo momento, a xuntanza serviu pra rachar o xeo que os separaba e, pouco máis. Os dous coincidiron en suliñar que foi un encontro “produtivo”, pero descartan outra xuntanza nin de tipo político, nin de tipo institucional.

Aínda que os dous se declaran “galeguistas”, o certo é que a súa traxectoria é ben diferente. Cuíña goberna en Lalín desde hai case tres anos co apoio de catro forzas políticas: CxL, PSOE, APAC e BNG.

O pacto de goberno que lle permitiu ser elixido alcalde asinouse entre CxL, PSOE e APAC (Plataforma Aberta Cidadá de Lalín). A este acordo sumouse medio ano despois o BNG. Padín, pola contra, accedeu a alcaldía en outubro pasado a través dun pacto co PPdeG e mediante unha moción de censura que botou ao anterior rexedor socialista.

ÚLTIMAS

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...