InicioVigo e contornaVigoCaballero anuncia a posta en marcha dun reloxo coa contra atrás para...

Caballero anuncia a posta en marcha dun reloxo coa contra atrás para a Noiteboa

O alcalde olívico indicou que se colocará unha pantalla de varios metros ante o Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo que marcará a conta atrás para o período do Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo comezará a “respirar o Nadal” este luns, 4 de outubro, cun acto que arrincará a conta atrás para o próximo 24 de decembro, cando se celebrará a Noiteboa.

Nunha rolda de prensa, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, avanzou que este luns ás 20,00 horas na rúa Príncipe acollerá un acto no que se porá en funcionamento un reloxo que marcará o tempo restante para a Noiteboa.

Para iso, indicou que se colocará unha pantalla de varios metros ante o Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo que marcará a conta atrás para o período do Nadal.

Abel Caballero sinalou que esta conta regresiva iniciarase co obxectivo de “empezar a respirar o Nadal” na cidade. En todo caso, remarcou que o acto do aceso da iluminación do Nadal terá lugar noutra data que non desvelou.

“É Vigo quen marca as pautas do Nadal neste planeta”, aseverou o rexedor de Vigo, en cuxas rúas xa pode observarse a iluminación característica dese período.

ÚLTIMAS

Abel Caballero afirma que Zona Franca está a “salvar a ETEA” co novo aparcadoiro ante a “inacción” da Xunta

O alcalde de Vigo e presidente do Consorcio da Zona Franca, Abel Caballero, defendeu...

Asociacións veciñais de Vigo protestarán para rematar coas peaxes da AP-9: “Levamos 40 anos pagando mentres outras autoestradas son gratuítas”

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) convocou unha manifestación o...

Ana Pontón e Abel Caballero denuncian o “colapso” das urxencias en Galicia e cargan contra a política sanitaria da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao PPdeG a "deixar de xogar...

Diminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Un estudo de investigadores do Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e da...